ACTAS




ANO  2025

ACTA DA ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA MANCOMUNIDADE DE MONTES DE VILASOUTO


9/ abril/ 2025


ORDE DO DÍA:

1.- Lectura da acta anterior.

2.- Lectura do estado contable, ingresos e gastos, e aprobación se procede.

3.-Informe da Xunta Rectora coas actuacións feitas e pendentes de realización.

4.- Solicitude de cesión temporal da parcea 1.503, pol. 10 (A MODORRA)

5.- Turno de intervencións

  1. Na localidade de Vilasouto, concello de O Incio, sendo as 20:00h do día 9 de abril de 2025 reúnense en segunda convocatoria os comuneiros que se relacionan ao final e que integran a maioría de quenes obstentan na actualidade o dereito ao aproveitamento do monte en mancomún de Vilasouto.Aberta a sesión polo presidente, procédese a dar lectura á acta da sesión anterior aprobándose nos termos en que foi redactada.

2. Pásase ao punto segundo da convocatoria. Móstrase o estado contable de ingresos e gastos do periodo comprendido entre o 20/08/2024 ao 14/04/2025 preséntandose as facturas correspondentes. 
Entrégase a cada comuneiro asistinte unha copia de dito balance.

Dase o VºBº  as contas por unanimidade.

 3. Información da Xunta Rectora

3.      A Xunta Rectora informa das xestións realizadas coa Comunidade de Montes de Eirexalba para que os camións poidan acceder á carga da madeira  pola pista do monte desta comunidade. A empresa Landmaschinen, propietaria da madeira, comprométese a reparar as pistas afectadas unha vez que rematen os traballos.

-Estando de novo en contacto co abogado que nos representa nas avinzas coa casa de Veiga, parcela 644 do pol. 10 de Veiga, infórmanos que en breve este propietario e demáis herdeiros manifestarán si aceptan a proposta presentada pola Comunidade de montes de Vilasouto.

-Tomando a invitación do Concello de O Incio, particípase en representación da comunidade nunhas charlas informativas sobre venda de CO2. Dado que a última plantación de pinos en Vilasouto é do ano 2006 non se cumprirían os requisitos da Orde da Xunta de Galicia. So se poderían acoller as novas plantacións feitas a partires do 2012.  Sería posible, si se decidise facer unha nova plantación en zonas non repoboadas antes.

-Rematado o recheo de pedra e zahorra para mellora do acceso no camiño da Rotea, como temas máis relevantes a afrontar, considérase prioritario a retirada de escombros mesturados con restos de productos altamente contaminantes que foron depositados nunha zona do Serrón moi próxima a un manantial de uso cotián como é a fonte de Pigoia, podendo contaminar o acuífero e resultar un perigo manifesto para a saúde pública. Ao tempo, permitir que discurran as augas pluviais con normalidade polo antigo camiño seguindo os cauces naturais.

-Acórdase tamén poñer un muro de contención en dita fonte que evite o derrumbe do balado sobre a mesma.

 4.  Solicitude de cesión da parcela 1503 do pol. 10

Realizado o desbroce desta parcela por parte da comunidade preséntase á Asamblea unha solicitude de aluguer co fin de roturar, abonar e, posteriormente, apradar a superficie en cuestión atendendo ás seguintes condicións:  

 -Cesión da parcela por un periodo de cinco anos. Os tres primeiros anos serían sen coste para o arrendatario. O cuarto e quinto ano tería dereito preferente como arrendatario, pero con renta anual por uso que se estableza en Asamblea.

Facúltase á Xunta Rectora para a redacción e firma do contrato de cesión atendendo a estas bases.

Non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión ás 22:00 h. do día sinalado.

 

RELACIÓN DE COMUNEIROS QUE ASISTIRON Á REUNIÓN(14) :

José Pardo López, Ana Belén Castro Gil, José Luis Vilar Vázquez, Antonio Losada Mondelo, Bernardino Magdaleno González, Avelino López García, Enrique Rodríguez García, Camilo Rodríguez Valladares,  Josefa Vázquez Armesto, Antonio Carreira Castro, José Antonio Corujo Rodríguez,  José Manuel López González, Manuel Castro Resco (D.V.), Carme Aira (D.V.)

Vº e prace                                                                                             

O Presidente da Mancomunidade                                                         O secretario

 

Asdo. José Antonio Corujo Rodríguez                          Asdo.  Antonio Losada Mondelo



No hay comentarios:

Publicar un comentario